DetalleParticipacionPublica

Consulta
Pechada
Alcance da norma:
Anteproxecto de Lei
Carácter da consulta:
Normativas
Tipo de participación:
Consulta pública previa

Resumen

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico pon en marcha o proceso de CONSULTA PREVIA sobre unha nova Lei de Minas co obxecto de solicitar a opinión das persoas e das organizacións máis representativas potencialmente afectadas pola futura norma, de conformidade co previsto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, en relación co artigo 26.2 da Lei 50/1997, do 27 de novembro, do Goberno.

A nova Lei de Minas é un compromiso incluído na estratexia de país “Folla de Ruta para a xestión sustentable das Materias Primas Minerais” aprobada por acordo do Consello de Ministros do 30 de agosto de 2022. Esta estratexia inclúe expresamente o compromiso do Goberno de modificar a Lei 22/1973, do 21 de xullo, de Minas e o seu desenvolvemento regulamentario.

Ponse a disposición dos interesados un documento informativo relativo a un futuro proxecto de lei.

Prazo de remisión

Prazo para enviar argumentos a partir do día venres, 25 de novembro de 2022 ata o día venres, 23 de decembro de 2022

Presentación de alegacións

Las alegaciones podrán remitirse a la dirección de correo: bzn-mmppminerales@miteco.es indicando en el asunto: "Consulta previa Ley de Minas"

Só serán consideradas as respostas nas que o remitente estea identificado.

Con carácter xeral as respostas consideraranse non confidenciais e de libre difusión. As partes que se consideren confidenciais deberán ser especificamente sinaladas e delimitadas nos comentarios, motivando as razóns da este cualificación.

Anexos